Con motivo da tradicional proba de bicicleta de montaña A GRAN BIKEDADA 2026, que se celebrará o 22 de febreiro de 2026, SOCIAL CICLISMO FAN MANAGER (SCFM) deseñou un circuíto de 12 quilómetros no concello de Vigo para percorrer a pé, con saída e chegada no mesmo punto que a proba ciclista: a Praza Pública de Vialia.

1. DATOS XERAIS

  • ENTIDADE ORGANIZADORA: Social Ciclismo Fan Manager, en colaboración con outras entidadeS
  • ACTIVIDADE: Circuíto Anda12K
  • DISTANCIA: 12 km, segundo este itinerario.
  • DATA: domingo, 22 de febreiro de 202
  • LOCALIDADE: VigO
  • SAÍDA E CHEGADA: Praza Pública do Centro Comercial Vialia (Rúa Vía Norte) a espera da aprobación definitiva das autoridades implicadas
  • HORARIOS:
    • Saída oficial: 9:30 horas
    • Se seguirán tomando tiempos de salida asta las 10:00 horas.
  • Chegada estimada: 11:30 a 13:15 horas.
  • PECHE DE CONTROL DE TEMPOS: 13:30 horas.

2. INVITACIÓN A PARTICIPAR

Para ese día, SCFM creou a actividade Circuíto Anda12K e invita a acompañantes de ciclistas de fóra do concello participantes na Gran Bikedada e ao público, en xeral, a percorrer esta distancia a pé, baixo dúas modalidades:

3. PRESTACIÓNS POR INSCRICIÓN

  1. Inscribirse da dereito ás seguintes prestacións:
    • a) O participante (idade mínima recomendada 12 anos e menores de idade con permiso de: pai, nai ou titor) levará un distintivo cun chip electrónico, que rexistrará o tempo empregado en percorrer a distancia e constatará que se inclúe entre os/as participantes que inauguraron oficialmente o Circuíto Anda12K.
    • b) Avituallamentos a metade de percorrido e na meta.
    • c) Seguros de responsabilidade civil e accidentes.
    • d. Distinción por completar o Circuíto Anda12K, que se cubrirá por primeira vez de modo oficial.
    • e) Participación nun sorteo de 10 camisetas.
    • f) Oportunidade de mercar unha camiseta a prezo reducido (5 €) facendo o pedido antes do 1 de febreiro de 2026, con dous deseños para elixir. En caso contrario, custará 10 € e só estará dispoñible se quedan existencias.
    • g) Servizo gardarroupas na saída/meta.
    • h) Servizos médicos (médico e ambulancia) na meta.

4. PROCEDEMENTO PARTICIPACIÓN CON INSCRICIÓN PREVIA

  1. Os participantes con inscrición previa, para seren rexistrados oficialmente na saída, deben comezar o percorrido (pasando por debaixo da ponte de saída/meta) entre as 9:30 e as 10:00 h.
  2. A saída oficial será as 9:30 horas, pero so sistema de cronometraxe de saída seguirá activo ata as 10:00 horas.
  3. Para que se rexistre oficialmente a realización do percorrido, cada participante debe cruzar a liña de meta (pasando por debaixo da ponte de saída/meta) non máis tarde das 13:30 h. Fóra destas franxas horarias, non se acreditará finalización da mesma.
  4. Nun ou varios puntos non especificados do percorrido, os participantes recibirán un distintivo que deberán exhibir posteriormente na liña de meta como proba de que completaron o Circuíto Anda12K seguindo o percorrido oficial.
  5. Taxas de inscrición:
    • 10 € ata 31 de xaneiro de 2026
    • 12 € do 1 ao 17 de febreiro de 2026.

5. DINÁMICA DA ACTIVIDADE

  1. Cada participante completará a camiñada libremente ao seu propio ritmo, seguindo en todo momento a ruta marcada, sen que ningún persoal abra nin peche o camiño.
  2. Os participantes deben respectar estritamente as normas de tráfico de cada vía pola que circulen durante todo o percorrido.
  3. Desviarse do trazado establecido pode supoñer a perda de dereito a calquera tipo de prestacións que ampara este regulamento.
  4. Voluntarios da organización percorrerán a ruta en bicicleta para informar de calquera incidencia.
  5. Para os organizadores, a camiñada concluirá cando o último participante chegue á meta dentro do tempo máximo establecido, ou antes se se confirma que non quedan outros camiñantes recoñecidos polos seus distintivos propios da actividade ao longo da ruta oficial.
  6. Calquera outra cuestión non recollida neste regulamento será tratada segundo o regulamento xeral de A Gran Bikedada.

6. APTITUDE DO PARTICIPANTE PARA A ACTIVIDADE

  • O feito de inscribirse para a actividade, significa que o participante asume persoalmente que se atopa nas condicións físicas e emocionais axeitadas para cubrir o percorrido establecido.

7. DEVOLUCIÓN COTAS DE INSCRICIÓN

  • Devolución de cota íntegra, menos 2,5 € de gastos de xestión, ata o 10/02/2026, solicitándoo a socialciclismofanmanager@gmail.com.
  • Despois desa data non se devolverá a cota de inscrición a ningún participante.
    • A inscrición non se considerará efectiva en tanto que non se faga o abono da cota correspondente
    • Non se admitirán inscricións fóra de prazo. A organización poderá pechar a inscrición antes da data límite por motivos loxísticos e de seguridade.

8. AVITUALLAMENTOS (exclusivamente para inscritos)

  • Km 6 aproximadamente (Paseo da Guía – explanada do Club de Remo Chapela). Produto líquido e sólido.
  • Meta. Produto líquido e sólido.

9. DORSAIS OU DISTINTIVOS OFICIAIS

  • O dorsal ou distintivo oficial é absolutamente imprescindible para participar na proba na modalidade de inscrición previa. Ademais e persoal e intransferible.
  • Cada distintivo irá provisto dun chip electrónico coa finalidade de que cada participante poida ter constancia do tempo oficial empregado no percorrido, sen que este tempo dea dereito a distinción algunha en forma de agasallos ou trofeos.
  • A retirada do dorsal ou distintivo debe facerse obrigatoriamente en tempo e forma nos lugares que se estableza ao respecto.
  • A todos os efectos, non se considerará oficialmente participante na proba a quen non retire o seu distintivo de identificación.
  • O distintivo de identificacións deberá levarase ben visible en todo momento, tanto durante o itinerario da proba como para acudir aos avituallamentos.

10. RECOLLIDA DE DORSAL OU DISTINTIVO OFICIAL

  • 21/02/2026: 11:00 a 20:30 horas na Praza Pública Vialia.
  • 22/02/2026: 07:00 a 09:15 horas na Praza Pública Vialia.
  • En todo caso, haberá que estar atentos as indicacións da organización neste sentido.

11. SEGUROS

  • Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidentes deportivos adaptado a normativa vixente subscrito pola organización.
  • A organización disporá de outro de responsabilidade civil (R.C.), axustado tamén a normativa actual.
  • O/a participante libera expresamente á organización, patrocinador ou colaborador diante de todo tipo de accidente, lesión o eventualidade que puideran xurdir derivadas da súa participación na proba e que no estiveran cubertas polos seguros contratados.

12. DISTINCIÓN

  • Cada participante recibirá unha distinción polo feito de completar o percorrido.
  • Poderá participar tamén no sorteo de agasallos.

13. DESCUALIFICACIÓNS

Será motivo de descualificación:

  • Tirar desperdicios ao longo do percorrido, a maiores da posible sanción económica da autoridades pertinentes.
  • Non levar o distintivo de identificación visible.
  • Non seguir as indicacións dos membros da organización e autoridades presentes na proba.
  • Tomar unha ruta distinta da oficial, feito que ademais pode supoñer a perda de coberturas dos seguros.

14. RESPONSABILIDADE CÍVICA

  • O participante -ou os seus titores en caso de ser menor de idade- polo feito de inscribirse voluntariamente para a proba asume, baixo a súa exclusiva responsabilidade que se atopa en condicións axeitadas para someterse as esixencias físicas e emocionais que require a actividade.
  • O participante será responsable dos danos que puidese causarse a si mesmo e a outras persoas (sexan participantes ou non) polas súas imprudencias ou neglixencias.
  • A organización dispón dun seguro de accidentes e outro de responsabilidade civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
  • O participante ten a obriga de auxiliar a compañeiros accidentados.
  • As vías polas que descorre a prona non son para uso exclusivo dos participantes, polo que deberán respectar as normas de circulación propias de cada vía.
  • A organización non se responsabiliza dos danos dos que poida ser vítima ou causante o participante que se afasta do itinerario oficial da proba.
  • A organización declina toda responsabilidade en caso perdas ou roubos que poidan afectar a cada participante.

15. FACULTADE DA ORGANIZACIÓN

  • A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento velando polo ben xeral e a seguridade dos participantes.

16. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO

  • O feito de inscribirse na proba implica a aceptación total do presente regulamento.
  • O descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
  • Calquera outra cuestión non recollida neste regulamento será tratada segundo o regulamento xeral de A Gran Bikedada.

Tendencias